[FEMINISMOS] FW: Obradoiro - OS CAMBIOS NA VIDA. Perdas, crises, loitos, crecemento e transformación.
Date: Fri, 15 Mar 2013 10:19:39 +0100
From: obradoirosdoreencontro@gmail.com
To:
Subject: Obradoiro - OS CAMBIOS NA VIDA. Perdas, crises, loitos, crecemento e transformación.
Benqueridiña
Envíoche a invitación para o obradoiro OS CAMBIOS NA VIDA. Perdas, crises, loitos, crecemento e transformación.
Este obradoiro é un espazo para enfrontar os cambios da vida: quedar no paro, ter unha crianza, vivir unha enfermidade inesperada, facerme maior, empezar a vivir en parella, perder un ser querido, marchar as/os fillas/os da casa, romper coa parella... Son cambios que teñen moito de crise e ás veces de desamor... Temos sensación de perda... de que algo morre...
O obradoiro dá ferramentas para elaborar os loitos pendentes e facer despedidas. E desde aí facer camiño de transformación, abrindo novas etapas para reconectarnos coa VIDA...
En arquivo aparecen as datas e outras informacións de interese.
Por suposto, podes facer extensiva esta invitación a outras mulleres da túa vida que poidan estar interesadas: amigas... irmás... socias... compañeiras... veciñas...
Para apuntarte -ou para calquera outra cuestión- podes chamar ao 639 20 36 69.
O prazo para apuntarse é o mércores 27 de marzo. Coma sempre, as prazas van ser limitadas.
Unha aperta.
Tareixa.








0 Response to "[FEMINISMOS] FW: Obradoiro - OS CAMBIOS NA VIDA. Perdas, crises, loitos, crecemento e transformación."
Postar um comentário