[FEMINISMOS] FW: [8MarzoGz] Dar resposta aos ataques contra os nosos dereitos sexuais e reprodutivos

_______________________________________________
8marzogz mailing list
8marzogz@roldas.saramaganta.info
https://roldas.saramaganta.info/cgi-bin/mailman/listinfo/8marzogz

reenvío esta convocatoria de reu para dar resposta unitaria aos ataques contra os nosos dereitos sexuais e reprodutivos
algunha podería ir??
estaría ben comunicarllo ao mail da MMM
bicoooooooo


Date: Thu, 25 Apr 2013 00:48:15 +0200
From: marchagaliza@gmail.com
To: 8marzogz@roldas.saramaganta.info
Subject: [8MarzoGz] Dar resposta aos ataques contra os nosos dereitos sexuais e reprodutivos

Ola Compañeiras,

Dende a Coordenadora Nacional Galega da Marcha Mundial das Mulleres queremos partillar con vos a nosa inquietude polos ataques constantes que estamos a sufrir en materia de dereitos sexuais e reprodutivos, recentemente cunha nova ameaza por parte do goberno do estado de reformar a Lei do aborto para levarnos a unha situación legal peor incluso que a despenalización do 85.

Neste sentido acudiremos á convocatoria da Plataforma Galega polo dereito a decidir, que fai parte da Plataforma Estatal, mas queremos partillar con vos a necesidade de xerar un marco común e aglutinador que permita a unidade de acción do feminismo galego sexa en torno a esta plataforma ou a un marco máis amplo onde todas as que participamos deste 8 de Marzo e as que non podamos dar resposta común a este ataque.

Gustaríanos coñecer as vosas ideas a este respecto e saber se podemos empregar este marco ou outro para termos unha xuntanza amplia e aberta para plantexar esa resposta unitaria e un chamado nacional a sumar a todas as organizacións galegas a pór a defenda dos nosos dereitos sexuais e reprodutivos como eixo central da loita e das mobilizacións.

Saúdos feministas.



CONVOCATORIA DE REUNIÓN DA PLATAFORMA GALEGA EN DEFENSA DOS DEREITOS SEXUAIS E REPRODUTIVOS:
Data: martes 30 de abril de 2013
Lugar: sede da asociación Médicas do Mundo en Santiago.
Hora: 18h.


_______________________________________________ 8marzogz mailing list 8marzogz@roldas.saramaganta.info https://roldas.saramaganta.info/cgi-bin/mailman/listinfo/8marzogz

0 Response to "[FEMINISMOS] FW: [8MarzoGz] Dar resposta aos ataques contra os nosos dereitos sexuais e reprodutivos"

Postar um comentário