[FEMINISMOS] Fwd: Imaxes correspondentes ás accións de denuncia desta mañá contra Hidralia Energía (A Coruña)
Beijinhos lilás para todas,
:******
To:
Boa tarde,
adxuntamos neste correo imaxes correspondentes ás accións de denuncia realizadas na mañá de hoxe na cidade da Coruña, no marco da xira europea que as lideresas guatemaltecas Natalia Atz Sunuc -Asociación CEIBA- e Paula Irene del Cid Vargas -asociación feminista La Cuerda- están a realizar nestas semanas coma representantes da Confluencia Nuevo Baqtun -na que se atopan representadas máis de 50 organizacións guatemaltecas-, e que mesmo as levou a entrevistarse co Servicio Europeo de Acción Exterior da Unión Europea en Bruxelas.
Na concentración convocada ás 12.00hrs. na Praza da Palloza, ademais de faixas cos lemas "Unha mesma situación, unha mesma resistencia. Galiza-Guatemala" e "Hidralia Energía: cantas mulleres precisan violar para producir luz?", visualizouse a través de varias siluetas de militares a ocupación militar baixo a que vive a poboación de Santa Cruz Barillas, expuxéronse fotografías correspondentes ás mobilizacións contra Hidralia Energía que están a facer as e os habitantes desta rexión, e repartíronse panfletos informativos sobre a vulneración de dereitos humanos por parte desta transnacional galega -propiedade dos irmáns Castro Valdivia- en Guatemala. Posteriormente acudiuse en manifestación ata a sede que Hidralia Energía ten na Coruña, onde as convocantes lembraron que dende as mobilizacións realizadas na cidade o ano pasado a empresa retirou a placa identificativa que figuraba á entrada do edificio. Alí permaneceuse por espacio de máis de media hora identificando a localización da sede matriz desta transnacional, cantando consignas como "Galiza e Guatemala, esta loita non se cala", "Mulleres unidas, contra as presas, contra as minas" ou "Patriarcado e Capital, alianza criminal". Nas súas intervencións Natalia Atz e Paula Irene del Cid, ademais de lembrar que mañá, un de maio, cúmprese un ano do asasinato do líder indíxena Andrés Francisco -opositor á central eléctrica que os irmáns Castro Valdivia queren construír en Santa Cruz Barillas-, denunciaron que a violencia segue a día de hoxe igual de forte na rexión, xa que o pasado 7 de abril o líder indíxena Daniel Pedro Mateo foi secuestrado e tamén asasinado e, a día de hoxe, un terceiro líder, Rubén Herrera -detido durante o Estado de Sitio decretado en maio de 2012-, segue no cárcere.
Ámbalas dúas lideresas chamaron tamén a atención sobre o feito de que Hidralia Enería estea a violar os dereitos dos pobos indíxenas recollidos no Convenio 169 da Organización Internacional do Traballo (OIT), pese a tratarse dun acordo internacional ratificado tanto polo Goberno español coma polo de Guatemala. Como remate a esta xornada de denuncia, ás 19.30hrs. de hoxe terá lugar un coloquio baixo o lema "Unha mesma situación, unha mesma resistencia. Guatemala e Galiza", na Casa Museo Casares Quiroga (rúa Panadeiras, s/n), no que Natalia Atz e Paula Irene del Cid exporán polo miúdo as estratexias de loita contra a transnacional galega Hidralia Energía en Santa Cruz Barillas, e a Secretaria Xeral do Sindicato Labrego Galego, Isabel Vilalba, achegará a situación das afectadas pola mina de ouro que a transnacional canadiense Edgewater quere explotar en Corcoesto.
Grazas pola vosa atención. Máis información e entrevistas:
|
--
You received this message because you are subscribed to the Google Groups "feminismos.acampadaobradoiro" group.
To unsubscribe from this group and stop receiving emails from it, send an email to feminismosacampadaobradoiro+unsubscribe@googlegroups.com.
For more options, visit https://groups.google.com/groups/opt_out.
0 Response to "[FEMINISMOS] Fwd: Imaxes correspondentes ás accións de denuncia desta mañá contra Hidralia Energía (A Coruña)"
Postar um comentário