[FEMINISMOS] Convocatoria: Masturbación e boas linguas
Lindas compitas!! Que tal estades pasando o verán? Eu imaxínovos sempre con pedaciños de sol e sal :) Eu por aquí rapei a cabeza e ando medio traballando medio vacacioneando!
No do traballo, como xa sabedes moitas unha das cousas que fago é colaborar con Los Placeres de Lola en formación e proxectos sobre sexualidade, e sobre todo facendo Tuppersex. Para todas estas cousiñas teño un blogue no que vai bulíndome a cabeza con moitas ideas, e hoxe abrín unha convocatoria que se chama como o asunto da mensaxe, "Masturbación e boas linguas", e como no resto das cousas que fago onde andan os praceres e as rebeldías polo medio, andádesme vosoutras pola cabeza!! Así que é máis que un acto de coherencia e de gusto convidarvos a participar se gostades da idea, e queredes aproveitar as creatividades do solciño en Compostela http://agarimandoopracer.blogspot.com/p/masturbacion-e-boas-linguas_13.html
Para min sería un luxo tervos polo blogue, e encontrarnos despois para celebralo! Podedes contarlle ás vosas amigas, e contarme a min cousiñas con suxerencias incluidas :)
Mil bicos!!!
PD. E se ao de participar directamente non vos animades, ler comentarios lindos no blogue e pirorpos anima moito... :P







0 Response to "[FEMINISMOS] Convocatoria: Masturbación e boas linguas"
Postar um comentário