[FEMINISMOS] Máster en Terapia Sexual e de Parella, Sexpol

Ola de novo compas. Pásovos información deste Máster en Terapia Sexual e de Parella da Fundación Sexpol, que se imparte en Madrid e en Compostelahttp://sexpol.net/formacion/presencial/formacion-master-clinica.html


 
 


Cóntovos un pouquiño: 
A Fundación Sexpol está en Madrid, e o ano pasado este máster impartiuse en Madrid, e tamén en Compostela; de feito algunha compa fíxoo aquí. Este ano tiñan a mesma intención, mais houbo un problema coa difusión nos meses anteriores, e por iso non se comezou ata agora. Aumentouse o prazo ata a segunda quincena de Outubro para a inscripción de alumnado que queira facelo en Compostela. A nivel persoal, teño boas referencias deste máster por varias compañeiras de Los Placeres de Lola, que se especializaron na Fundación e agora traballan como sexólogas, tanto vinculadas a Los Placeres de Lola como de forma independente, e a compañeira que se formou en Compostela o ano pasado tamén. Tamén podedes ver na páxina todo o relacionado coa Sexpol, a súa actividade, materiais que edita... Na web está toda a información, e podedes decargar varios pdf sobre os contidos e tamén do profesorado, entre o que está por exemplo Raquel Lucas Platero. Teñen un traballo potente a nivel de actitudes, traballo de xénero e prácticas en atención/orientación e consulta terapéutica, e o máster desenvólvese en 12 seminarios de fin de semana, un por mes. Tamén existe a posibilidade dunha beca de 250€. É unha beca pequena, pero conta tamén como apoio.

Ademais da importancia que ten para min espallar a información deste tipo de formación entre mulleres feministas, que facemos falla para este traballo (e para o mundo!), así como homes con outras masculinidades e ideoloxías, considero moi importante non perder a oportunidade de formarnos aquí, e de crear oportunidades na propia cidade, mais aínda cando moitas das nosas compañeiras están marchando por motivos coma este...

Como vos contei, as inscripcións teñen que facerse este mes de Outubro, e chegar a un mínimo de 7. Xa vedes que a ensinaza sería moi personalizada, pero tamén que queda pouquiño tempo, así que toda difusión é importante. Calquera dúbida podedes contactar coa Sexpol: matricula@sexpol.net / 915222510

E tamén comigo: mai.tuppersexlola@yahoo.es / 625535705 (Mai)

Moitas grazas!!

0 Response to "[FEMINISMOS] Máster en Terapia Sexual e de Parella, Sexpol"

Postar um comentário