[FEMINISMOS] Convite Flash Mob 25 de Novembro
Ola compas, aquí a Mai :)
Algunhas xa coñecedes que dende hai xa bastantes meses ando nun proxecto que se chama Lésbicas Creando xunto á miña compañeira Paulina.
O que buscamos dentro de Lésbicas Creando é darlle forma á nosa confluencia no feminismo, lesbianismo, a acción social e as artes; priorizar a construción e accións colectivas, dende o protagonismo das identidades e realidades propias, e traballando a partir das existencias disidentes e a existencia lesbiana como motores de creatividade e alianzas entre mulleres.
Un dos traballos no que andamos actualmente, é a organización xunto coa Unidade de Igualdade da Universidade, dun Flash Mob para o 25 de Novembro en Vigo. Nel queremos rachar co tratamento máis institucional e mediático desta data, na que adoitan presentarnos de forma victimista, e presentar o entramado da violencia machista dun xeito reducionista.
Para iso o marco da acción será o de visibilizar a nosa capacidade e lexitimidade de resposta nos diferentes ámbitos da nosa vida onde está presente esta violencia; no empoderamento e nas alianzas. Queremos realizar unha acción que transmita forza e colectividade. Por iso estamos contactando con colectivos e mulleres que traballen dende esta perspectiva.
Gustaríanos saber entón se estaríades interesadas en participar no Flash Mob o día 25; nese caso podedes contactar con nós a través do mail lesbicascreando@gmail.com e dos teléfonos 625535705- Mai 662438094-Paulina, e imos contándovos da preparación. E por suposto este convite está aberto para que llo fagades chegar aos colectivos e compañeiras que desexedes.
Apertas moi grandes!
Mai.
0 Response to "[FEMINISMOS] Convite Flash Mob 25 de Novembro"
Postar um comentário