[FEMINISMOS] Convite para HOXE en Compostela

Ola compas!

Como algunhas xa sabedes, dende Lésbicas Creando estamos organizando un FlasMob para o 25 de Novembro en Vigo, en colaboración coa Unidade de Igualdade da Universidade. Hoxe ás 21:30h imos continuar a grabación dun vídeo que recolle a acción, e formará parte do proceso. Será en Compostela, na primeira planta de Área Central, na escola de danza Alfaia (ten o nome en grande por fóra así que non hai perda). O único que tendes que traer son unhas chaves (valen as que levedes da casa) uns pantalóns con petos onde poder meter as chaves (uns pantalóns normais, o único requisito son os petos) e todas as ganas de poñervos guerreiras :)

O noso enfoque da acción é o do empoderamento, as alianzas entre mulleres e capacidade e lexitimidade de resposta, así que pensamos que podedes desfrutar de formar parte, e que podedes aportar moita desa enerxía ao proceso e ao vídeo!

Contactádeme se tendes calquera dúbida, e se ides vir, confirmádeme tamén no 625535705. Por suposto, podedes  traer ás compas que consideredes.

Apertas rebeldes!
Mai.


0 Response to "[FEMINISMOS] Convite para HOXE en Compostela"

Postar um comentário