[FEMINISMOS] FW: Medrar en parella - Obradoiro para parellas

Boa tarde, compitas!

Encaminho-vos esta convocatória por se é do vosso interesse.

Sempre o repito para as que ainda nao a conhecem: absolutamente recomendáveis os obradoiros que organiza Tareixa, uma mulheraça.

Beijinhos muitos!

Mari Fidalgo

"É possível destruir a casa do amo com as armas do amo?"
Audre Lorde



Date: Wed, 18 Jun 2014 12:24:45 +0200
From: obradoirosdoreencontro@gmail.com
To:
Subject: Medrar en parella - Obradoiro para parellas

Ola compañeiras, ola compañeiros

Desta volta, mándovos a convocatoria a un obradoiro vivencial teórico-práctico para parellas, que chamo Medrar en parella.

Imos crear un espazo para explorar modelos de relación e construír proxectos amorosos para o bo trato... Un espazo para parellas con desexo de encontrarse e reencontrarse desde a escoita e o respecto ao propio ritmo.

Será do sábado 5 de agosto ás 10h da mañá  ata o domingo 6 de agosto ata despois de xantar, e farémolo nun lugar cheo de tradición e encanto, como é a granxa de Arqueixal en Santiago de Albá (Palas de Rei - Lugo) na comarca da Ulloa.

En arquivo aparecen outras informacións de interese.

O prazo para apuntarse é o venres 11 de xullo (importante para poder facer reserva das casas onde durmiremos). As prazas van ser limitadas.

Para apuntarte ou para calquera outra cuestión podes chamarme ao 639 20 36 69.

Por suposto, podes facer extensiva esta invitación  a quen poida estar interesada/o...


Unha apertiña.


   Tareixa.




Este mensaje no contiene virus ni malware porque la protección de avast! Antivirus está activa.


0 Response to "[FEMINISMOS] FW: Medrar en parella - Obradoiro para parellas"

Postar um comentário