[FEMINISMOS] Jornadas Feministas no CSO Escárnio e Maldizer

Boas companheiras!

Seguramente moitas xa estades informadas pero por se non é así empezo polo principio dos tempos: Algunhas mozas de MUGRE estamos organizando unhas xornadas feministas no CSO Escarnio e Maldizer (unhas xornadas bastante molonas!) Aínda non temos todo pechado e por iso non mandamos, polo de agora, a programación mais si podemos dicir que empezan o 21 de marzo e rematan o 18 de abril.

Ben, ponhemonos en contacto con vos para facervos unha proposta (indecente): un dos días das xornadas vai sobre presión estética/gordofobia (un temazo a que si?) Gustaríanos que ademais do día que imos falar sobre iso o tema estivese presente en tódalas xornadas. Tivemos a xenial idea de facer unha especie de exposición sobre a gordofobia/presión estética que estivese no centro social o mes que duran as xornadas. Nun principio pensamos que as que estamos máis a tope coa organización podiamos buscar imaxes e facer cousinhas pero logo dixemos NON! Millor compartilo con tódalas compas que poidan estar interesadas, as que poidan asistir as xornadas e as que non, por se queren achegar algo para esta exposición(digo exposición para que nos entendamos e porque non sei moi ben como chamalo) Calquera cousa (fotografías, collages, debuxos, instalacións, textos que poidamos pegar nas paredes...) que para vós tenha que ver co tema (presión estética/gordofobia) será benvido. Último día para facer chegar este material venres 20 marzo (se é antes milor que millor!). Se tedes vontade por facer esta... aportación ás xornadas que o último que vos preocupe sexa como facer chegar o material. Moitas non estades en Compos pero isto non debería ser un problema igual conhecemos a alguén na vosa cidade/aldea que pode traer a movida a Compos ou é algo que se pode mandar por correo electrónico. Ah! se queredes que apareza o voso nome a tope e se preferides que sexa anónimo a tope tamén. Esto comentadeo cando mandedes o voso material e facemos como digades.

Moitas gracias!
MUGRE (Mulheres Galegas Rebeldes e Engraçadas)



--
"Aceitar a incertidume 
que nos rodeia pode ajudar-nos 
a escolher o melhor caminho."

--
You received this message because you are subscribed to the Google Groups "feminismos.acampadaobradoiro" group.
To unsubscribe from this group and stop receiving emails from it, send an email to feminismosacampadaobradoiro+unsubscribe@googlegroups.com.
For more options, visit https://groups.google.com/d/optout.

0 Response to "[FEMINISMOS] Jornadas Feministas no CSO Escárnio e Maldizer"

Postar um comentário