[FEMINISMOS] Fwd: comunicado agressom machista
From: Feministas Compostela <bastadeagressonsmachistas@gmail.com>
Date: 2015-06-10 10:56 GMT+02:00
Subject: comunicado agressom machista
To:
umhas moças de Compostela andamos a artelhar umha resposta a umha agressom que sufriu umha compa. Pensamos em partilha-lo com outras moças feministas da cidade antes de faze-lo público, para informar-vos e contar com vos, se é quequeredes, neste processo.
O texto, que enviaríamos a meios de comunicaçom, C.S. e coletivos é este, e nel explica-se o acontecido e a possiçom das mulheres feministas ante este facto, assim como a soluçom que nós imos propor.
************
" Na última semana de maio, nun emblemático bar da cidade de Compostela, mentres conversaba cun colega atopeime –violentamente- cun señor que resultou chamarse Suso Sanmartín.
Este suxeito interrumpiume colléndome como se collen as cousas que son túas (con determinación) supoño eu que para bailar conmigo. Cando o evitei e respondín á invasión do meu espazo, o tal Suso Sanmartín burlouse, riu e pasou do tema cunha facilidade de todo desquiciante.
A verdade é que isto, por desgraza, nos soa a todas de tódalas noites, véndonos continuamente violentadas por individuos deste tipo aos que, coa millor das sortes, nos vemos preparadas para respostar e poñer en coñecemento da súa contorna o tipo de conductas destes agresores en cuestión. Nesta ocasión, a forma de respostar e denunciar na súa contorna esta agresión, ten un "carácter amplo", xa que o tal Suso foi na listaxe da formación política Compostela Aberta -case na alcaldía de Santiago-.
Na súa web descríbese ao suxeito como un humorista centrado no ciberactivismo e a performance. Bueno, un humor de tolos, a min fíxome moitísima coña a performace toda. Ademais é membro da AGAL e colaborador en algún medio decomunicación.Vexo a necesidade de denunciar públicamente que esta persoa, Suso Sanmartín, con responsabilidade política pública, non só é un fodido baboso agresor; senón que ademais semella non interesarlle en absoluto o que as mulleres ás que agredeteñen que dicir ao respecto (bastante típico dos agresores, agreden por aí e tan panchos).
Pola súa actitude naquela noite, parece que está moi acostumado e moi convencido de que as cousas se fagan así e a min non me chista nin Dios.
Vexo incoherente agochar este tipo de comportamentos opresivos e dominantes. Non teño nada específicamente en contra de Compostela Aberta. A cuestión é que a mala publicidade non a estou a facer eu, facédela vós mesmos tendo un suxeitotal que así na formación. Por isto mesmo acredito tamén en que as súas compañeiras, as mulleres de Compostela Aberta,agradecerán esta información e desde a formación se tomarán as medidas que consideren acaídas.
Con moito humor,
Anónima zorra enfadadísima. "O que lhe aconteceu a esta companheira nom é nada novo, já estamos fartas de comportamentos machistas e agressonsnos movimentos sociais, coletivos, nos bares e nas ruas... Por todo isso, umhas mulheres feministas de Compostela, decidimos respostar e que esta agressom nom quede invisibilizada como tantas outras. Por isso pensamos que, dende os coletivos dos que faz parte esta pessoa, tem-se que dar umha resposta. Para nós a mais lógica, ou mais bem realista, seria, umha reflexom pública sobre o acontecido e, posteriormente, a creaçom dum espaço público no que poder debater entre todas as conclusons e reflexons às que se chegarom, e analisar por que é que ainda acontecem estes temas em espaços politizados. Mentres nom comecemos um processo de despatriarcalizaçom dos movimentos, nom haverá libertaçom possível, nem das pessoas nem dos povos. Por último, informar que aguardaremos umha semana, tendo em conta o urgente que nos pareceu este tema, para que se ponha em marcha esta resposta por parte dos coletivos e organizaçons das que faz parte este persoeiro. Se nom houver interesse em solucionar esto por parte destes coletivos, seremos as feministas as que nos tomemos a justiça pola mao.
********************
You received this message because you are subscribed to the Google Groups "feminismos.acampadaobradoiro" group.
To unsubscribe from this group and stop receiving emails from it, send an email to feminismosacampadaobradoiro+unsubscribe@googlegroups.com.
For more options, visit https://groups.google.com/d/optout.
Quanto durará estoutro?? Tic, tac, tic, tac som as 15.26' do 26 de julho de 2015
Edu.