[FEMINISMOS] Fwd: Comunicado final agresión machista

Encaminho!

beijokas lilás,
:*****



---------- Forwarded message ----------
From: Feministas Compostela <bastadeagressonsmachistas@gmail.com>
Date: 2015-06-16 12:10 GMT+02:00
Subject: Fwd: Comunicado final agresión machista
To:


Estimadas compañeiras,


Ante todo grazas pola vosa solidariedade e colaboración; as vosas achegas foron de grande interese para nós e, na tentativa de incluílas, reformulamos o escrito. O comunicado último, que podedes ler a continuación, será publicado o xoves 18 de xuño as 12h.


Agardamos que esta recente redacción sexa máis próxima ás sensibilidades de todas.

Saúdos feministas.



 

"Na última semana de maio, nun emblemático bar da cidade de Compostela, mentres conversaba cun colega atopeime (violentamente) cun señor que resultou chamarse Suso Sanmartín.

Este suxeito interrompeume colléndome como se collen as cousas que son túas (con determinación) supoño eu que para bailar conmigo. Cando o evitei e respostei á invasión do meu espazo, o tal Suso Sanmartín mofouse, riu e pasou do tema cunha facilidade de todo desquiciante.


A verdade é que isto, por desgraza, sóanos a todas de todas as noites; véndonos continuamente violentadas por individuos deste tipo aos que, coa millor das sortes, nos vemos preparadas para respostar e poñer en coñecemento da súa contorna o tipo de condutas destes agresores en cuestión. Nesta ocasión a forma de respostar e denunciar na súa contorna esta agresión ten un "carácter amplo", xa que o tal Suso é un persoeiro público: por unha banda, foi na listaxe da formación política Compostela Aberta –actualmente na alcaldía de Santiago-.

Na súa web descríbese ao suxeito como un humorista centrado no ciberactivismo e a performance. Bueno, un humor de tolos, a min fíxome moitísima coña a performance toda. Ademais e non menos importante, é membro de AGAL, socio da Gentalha do Pichel e coordenador de O'Pasquim, suplemento de humor do xornal Novas da Galiza.


Vexo a necesidade de denunciar públicamente que esta persoa, Suso Sanmartín, con responsabilidade política pública, non só é un fodido baboso; senón que ademais semella non interesarlle en absoluto o que as mulleres ás que agrede teñen que dicir ao respecto (bastante típico dos agresores, agreden por aí e tan panchos).

Pola súa actitude naquela noite, semella que está moi acostumado e moi convencido de que as cousas se fagan así e a min non me chista nin dios.


Vexo incoherente agochar este tipo de comportamentos opresivos e dominantes.

Non teño nada específicamente en contra dos colectivos e organizacións dos que fai parte este señor. E non querería que se centrase o debate en sinalalos. A cuestión é que a mala publicidade non a fago eu, senón as propias organizacións tendo un suxeito así no seu seo.

Por isto mesmo acredito tamén en que as súas compañeiras, agradecerán esta información e tomarán as medidas que consideren acaídas".



O que lhe aconteceu a esta companheira nom é nada novo, já estamos fartas de comportamentos machistas e agressons nos movimentos sociais, coletivos, nos bares e nas ruas... Por todo isso, umhas mulheres feministas de Compostela, decidimos respostar e que esta agressom nom quede invisibilizada como tantas outras. Por isso pensamos que, dende os coletivos dos que faz parte esta pessoa, tem-se que dar umha resposta. Para nós a mais lógica, ou mais bem realista, seria, umha reflexom pública sobre o acontecido e, posteriormente, a creaçom dum espaço público no que poder debater entre todas as conclusons e reflexons às que se chegarom, e analisar por que é que ainda acontecem estes temas em espaços politizados e por que se continua a separar o pessoal do político.

Mentres nom comecemos um processo de despatriarcalizaçom dos movimentos, nom haverá libertaçom possível, nem das pessoas nem dos povos. Por último, informar que aguardaremos umha semana, tendo em conta o urgente que nos pareceu este tema, para que se ponha em marcha esta resposta por parte dos coletivos e organizaçons das que faz parte este persoeiro. Se nom houver interesse em solucionar esto por parte destes coletivos, seremos as feministas as que nos tomemos a justiça pola mao.

 

Mulheres feministas de Compostela



--
You received this message because you are subscribed to the Google Groups "feminismos.acampadaobradoiro" group.
To unsubscribe from this group and stop receiving emails from it, send an email to feminismosacampadaobradoiro+unsubscribe@googlegroups.com.
For more options, visit https://groups.google.com/d/optout.

1 Response to "[FEMINISMOS] Fwd: Comunicado final agresión machista"

  1. X.S.X. 17 de junho de 2015 às 11:30
    Com ajuda de várias pessoas amigas levo o dia inteiro a tentar localizar algumha pessoa responsável por trás do blogue sexualidademedular.blospot.es. Sem êxito por enquanto. Visto que cada minuto que passa a minha imagem pública e a minha honra se vêm mais e mais prejudicadas polas injúrias e as calúnias que sobre mim nele se dim e visto que sobre a minha cabeça pesa a ameaça de ser denunciado falsa, anônima, pública e maciçamente, vejo-me na obriga de exigir a quem quiser que esteja por trás de todo isto que apague o post e qualquer referência ao meu nome e à minha pessoa imediatamente. E, por suposto, que se abstenha de dar qualquer passo para a frente. Caso contrário, verei-me na obriga de tomar outro tipo de medidas que, sem dúvida, resultarám mais desagradáveis para todos e todas. Cumprimentos, Suso Sanmartin.

Postar um comentário