[FEMINISMOS] "Libros para transformar a realidade"

_______________________________________________
Enrds-galiza mailing list
Enrds-galiza@listas.coordinacionbaladre.org
https://listas.coordinacionbaladre.org/listinfo/enrds-galiza
Por se alguma está pelo Sul e apetece-lhe partilhar reflexoes sobre trabalhos, tempos, cuidados, afetos e o direito a viver dignamente!

Mari Fidalgo

"É possível destruir a casa do amo com as armas do amo?"
Audre Lorde



Date: Thu, 11 Jun 2015 12:35:25 +0200
From: dereitossociais@gmail.com
To:
Subject: [Enredos-galiza] 16 e 17 xuño - Xornadas: Libros para transformar a realidade

Diversos colectivos da cidade organizamos o 16 e 17 de xuño as Xornadas: "Libros para transformar a realidade". Coas presentacións dos dous libros convidamos a todas aquelas que pulan por desbordar o sistema capitalista a reflexionar en común, a dialogar, a crear formas de vida viables para toda a humanidade, para todo o planeta.

- Presentación do libro: "En la Espiral de la energía". Con Luis González Reyes (Ecoloxistas en Acción). Martes 16 de xuño ás 19:30 no local de Árbore (r/López Mora 30, Vigo).


Un libro sobre a historia do planeta e da humanidade, dende a perspectiva do consumo enerxético e material. Unha obra comezada a dúas mans por el mesmo xunto a Ramón Fernández Durán, que trata nos seus dous volumes sobre as formas de habitar o territorio, economías, sistemas políticos, tipos de traballo, demografía, loitas sociais, formas de relacionarse co entorno, etc. E analiza todo isto dende unha perspectiva histórica e metabólica, centrada nas interaccións de todos estes vectores e as súas consecuencias no plano enerxético, que está na base de todo sistema vivo.


- Presentación do libro: "Renda Básica das iguais e feminismos". Con Mari Fidalgo (Baladre) e Beatriz Lorenzo (ODS-Coia). Mércores 17 de xuño ás 19:30 no local de Árbore (r/López Mora 30, Vigo).


Desde a "necesidade de identificar os nosos desexos, de buscar as bases nas que queremos soster unhas vidas dignas e plenas, dende o ano 2012 dedicámonos a reflexionar e discutir sobre as contribucións que esta proposta de reparto da riqueza podía ofrecer á loita feminista e viceversa". Un libro que é froito da práctica cotiá e da reflexión conxunta, colectiva e horizontal. Feito con amor, coidado, apoio mutuo e moita rebeldía.


As xornadas están organizadas por: C.C.Árbore, Lapsus, G.A.S., ODS-Coia e Verdegaia.
--
OFICINA DEREITOS SOCIAIS - COIA (ODS-Coia)
odscoia.arkipelagos.net | odscoia@riseup.net |@odscoia | tel: 696 618 732 - 679 758 663
Estamos os luns de 17h00 a 19h00 en Coia, nos locais da parroquia do Cristo da Vitoria (rúa Baiona 9, Vigo)

0 Response to "[FEMINISMOS] "Libros para transformar a realidade""

Postar um comentário