[FEMINISMOS] Resposta a agresor sexual

Ola compas!

Fago chamamento porque unha compañeira de confianza chamoume a semana pasada contándome a seguinte situación: unha amiga súa levaba tempo indo a terapia psicolóxica cun "psicólogo" en Vigo. Resulta que este señor (ela despois de contar a súa propia experiencia coñeceu outros casos) adícase a reforzar a situación de vulnerabilidade das mulleres que acuden á súa consulta para facer uns acercamentos sexuais "terapéuticos", e digo terapéuticos porque ao parecer o tío defende que el traballa moito máis profundamente que outros psicólogos que non se atreven a tanta sanación. Un elemento, e por desgracia abundan....

Despois de falar coa miña compañeira, gostaría de que puidéramos ter, entre as que desexedes, unha reunión informal (nas Dúas, na miña casa....) na próxima semana para plantexarvos con máis detalle o tema.... Moitas mulleres cabreadas argallan mellor ca dúas. Apetécevos?

Eu podería tanto luns, martes, ou mércores a iso das 20:30h. Poñemos como proposta o luns para tela prontiño? Xa me contades...

Bicos con sons de tesoiras!

0 Response to "[FEMINISMOS] Resposta a agresor sexual"

Postar um comentário