[FEMINISMOS] contra a violencia machista



Boas!
reenvío os acordos da reu da pasada semana en Ourense, convocada tralo asasinato da muller de Verín no CHOU por violencia machista.
-----------

ACCIÓN CONTRA A VIOLENCIA MACHISTA


Un grupo de feministas de Ourense convocadas a unha reunión aberta pola Coordenadora Local da Marcha Mundial das Mulleres vimos de decidir comezar o proceso de denuncia ao Estado pola indefensión á que se viu sometida Isabel Fuentes veciña de Verín asasinada o paso 8 de maio no CHUOU en Ourense.


Este proceso constará de varias fases e accións que poremos en marcha no máis breve tempo posíbel e para as cais queremos contar co apoio das compañeiras feministas de todo o país e espallar esta acción no conxunto do estado.


A través do presente documento queremos explicarvos cal é o calendario que acordamos e cales as tarefas nas que nos imos comprometer para poder levalo adiante. A nosa idea é a de sumar ao maior número de colectivos e compañeiras posíbeis no desenvolvemento desta acción.


A denuncia ao estado.


Que ten que levar unha reclamación previa ante a administración, acordamos que será presentada co CIF da Marcha Mundial das Mulleres mas queremos acompañala de todas as sinaturas individuais e colectivas posibeis do maior número de persoas e organizacións feministas para amosar o apoio a esta iniciativa que emprendemos en Ourense. Paralelamente abriremos a canle para que organiazcións non feministas podan amosar o seu respaldo mas temos vontade de que a reclamación/denuncia sexa presentada por colectivos/persoas feministas.


Grupos de Traballo


  • Configurar un grupo de traballo para o deseño da campaña (materiais e imaxes para a difusión), neste marco as compas de Ourense comprometémonos a levar o peso destas tarefas para sacar a acción adiante a través das reunións abertas que iremos convocando

  • Configurar un grupo de traballo LEGAL para a denuncia ao estado, neste apartado cómprenos toda a axuda posíbel para conformar un traballo que asumimos será complexo para dar os primeiros pasos nesta tarefa. Unha compañeira de Ourense esta xa a realizar as pertinentes consultas para o inicio do proceso.


Accións


  • Presentar unha reclamación ante a administración pola idefensión de Isabel Fuentes e polo desleixo da xustiza neste caso.

  • Ante a resposta a esta reclamación (2-3 meses) iniciar o proceso de denuncia ao estado por este caso)

  • Queixas: recoller paralelamente queixas sobre o funcionamento da xustiza en relación ás mulleres que sufren violencia machista e facer actos de presentació masivos destas queixas nos xulgados. (Ourense e Verín prioritariamente).

Calendario

En Ourense valoramos a posibilidade de anunciar esta acción no día das concentracións que se estan a preparar en todo o país contra a violencia machista en torno do 27 de maio polo que convidámosvos a participar dende xa no desenvolvemento desta acción.


A nosa idea de calendario seria:


18 – 26 de maio: contactos para elaborar a reclamación + sumar compañeiras para apoiar a súa presentación


27 de maio: anunciar a acción na concentración / anunciar tamén a recollida de queixas


Mediados de xuño: presentar as primeiras accións simultáneas de 'queixas' nos xulgados de violencia.


Mediados de xullo: presentar as segundas accións simultáneas de 'queixas' nos xulgados de violencia.


Resposta da reclamación administrativa: no momento de termos a resposta anunciar a presentación forman da denuncia ao estado e comezar un crowfounding para afrontar os custes do proceso.


A partir de aquí seguir con mobilizacións e accións cada paso que demos no ámbito legal para facer seguimento da denuncia.



Ás compañeiras do feminismo galego


Para poder levar adiante esta acción pedimos a vosa axuda e o voso respaldo nesta iniciativa que poñemos en marcha dende Ourense co fin de darmos un salto cualitativo na resposta que vimos dando aos sucesivos feminicidios que se suceden no noso país.






Os datos de contacto en Ourense en relación a esta acción son:


mmmourense@gmail.com

652140214 Ximena

0 Response to "[FEMINISMOS] contra a violencia machista"

Postar um comentário